700 establecementos da Mariña participan na campaña Merca e Gaña polo Nadal

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, e o Presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López, presentaron este venres en Viveiro a campaña Merca e Gaña polo Nadal. Trátase da campaña de sensibilización e visibilización cidadá que puxo en marcha na provincia o Goberno da Deputación en colaboración coa Federación de Comercio. Son uns 700 os establecementos  a Comarca da Mariña, que da emprego a 1.500 persoas, e que participan nesta campaña.

Santos Ramos destacou que “decidimos poñer en marcha esta campaña debido á importancia do comercio na economía lucense. Na provincia, hai uns 5.500 establecementos que xeran máis de 12.500 postos de traballo. Son 700 os comercios da Mariña que se sumaron a esta iniciativa. Animo a todos os mariñáns a participar activamente nesta campaña, coa que queremos concienciar á cidadanía da importancia de facer as súas compras no comercio de proximidade. Mercando nos establecementos da nosa provincia gañamos todos”, explicou.

A Alcaldesa de Viveiro puxo en valor esta iniciativa pois “é unha forma máis de promover o pequeno comercio de Viveiro fronte ás compras nas grandes superficies durante unha das épocas máis importantes para o sector, como é o Nadal. En Viveiro preto do 50% do emprego xérase a través do comercio ou da hostalería”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com