703 positivos en Covid atrasan a mellora da pandemia

A provincia deu un paso atrás no magnífico avance que presentaba nas últimas xornadas. Así, no día de onte os datos amosan un aumento dos casos activos e outro, máis significativo, se cabe, do ritmo de contaxios. Con todo, hai noticias boas e é que a presión asistencial continúa á baixa mentres que as altas non deixan de medrar a un ritmo moi alto. 

En cifras, segundo o último informe do SERGAS, son un total de 7745 os casos activos na provincia,188 máis que na xornada anterior pero sen chegar aos 7919 do mércores pasado. Con todo, como dixemos, este non é único baremo que empeora na última xornada; é chamativo o aumento de positivos detectados nas últimas horas, que chegan aos 703, moi por tiba dos 481 da xornada anterior pero sen superar, polo momento, os 848 positivos que se detectaron o domingo. 

Doutra banda sitúanse as boas novas. Por un lado a presión asistencial que descende levemente na provincia. Así, Lugo rexistra un caso menos na UCI do HULA que conta hoxe con 5 pacientes con Covid. En canto os pacientes en unidades convencionais, a provincia conta hoxe con 49, 4 menos que na xornada anterior. Así, o HULa suma 36 pacientes covid, o Hospital da Costa resta un paciente e queda con 9 mentres que o de Monforte chega aos 4 logo de numerosas altas médicas. 

A outra boa nova, non pode ser outra que, precisamente, o número de altas, e é que esta cifra hoxe chega aos 28.377 dende o inicio da pandemia, con 514 persoas curadas na última xornada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com