A área sanitaria de Lugo rexistra un importante aumento con 72 novos casos activos por coronavirus nas últimas 24 horas, tal e como indica a Consellería de Sanidade na súa última actualización.
En canto a Galicia o número de positivos confirmados tamén aumenta considerablemente e rexistra a cifra máis elevada de contaxios nesta segunda onda da pandemia, en concreto son 682 casos máis, e fan un total de 7.535 infectados; deles 1.285 son da área da Coruña, 743 da de Lugo, 1.414 da de Ourense, 785 da de Pontevedra, 1.502 da área de Vigo, 1.186 da de Santiago, e 620 da de Ferrol.
Polo de agora, en Galicia hai un total de 26.034 persoas curadas, e realizáronse 654.233 PCR.