75-71 O Breogán perde a Copa Galicia nos últimos minutos

O Monbús Obradoiro fíxose coa final da Copa Galicia in extremis. O equipo compostelano de Liga Endesa ACB tivo que empregarse a fondo para superar ao Breogán que acusou a mala porcentaxe dende a liña de tiros libres (6 de 15) e levou o dominio do electrónico ata os instantes finais no que o número de rotacións obradoiristas fíxose notar  para levar a Copa Galicia por un axustado 75-71. Os celestes tiveron un ataque a 15 segundos do final con opcións de levar o partido á prórroga con 73-71, pero un roubo de Obradoiro finalizado en contraataque puxo o marcador final en 75-71.

Sen Matt Stainbrook, o Breogán foi  mellor  que o rival en moitos minutos e destacaron as acctuacións de Löfberg (14 puntos e 7 rebotes), Leo Demetrio (12 puntos, 8 rebotes), Arco (11 puntos), Rubio (8 puntos, 6 rebotes e 6 faltas recibidas), Christian díaz e Cigoja con 7 puntos e Úriz con 6.

O Breogán pensa xa na liga e na estrea na casa, no Pazo, do vindeiro sábado 30 de setembro ás 20:00 horas ante o Río Ourense nunha nova edición do Derbi do Miño.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com