Hoxe 8 de marzo, millóns de mulleres de todo o mundo sairán ás rúas para reivindicar a igualdade entre mulleres e homes. A súa orixe está nas manifestacións que as mulleres protagonizaron en Europa nos albores do século XX, reclamando o dereito ao voto e a igualdade entre mulleres e homes.
Neste día as mulleres reclaman a consolidación dos dereitos acadados e a necesidade de seguir avanzando cara a unha sociedade igualitaria que equipare os dereitos universais das mulleres cos dos homes, libres e iguais.
Un dos obxectivos é a sensibilización da sociedade fronte a lacra social do asasinato de mulleres e a buscar o xeito de rematar coas violencias contras das mulleres, en especial a violencia de xénero e a violencia sexual que son o estereotipo das sociedades machistas e patriarcais.