Hoxe, 8 de marzo, celebrase o cincuenta anos que a ONU declarou oficialmente o Día Internacional da Muller, co gallo de esta efemeride, o Colectivo feminista de Lugo fixo un comunicado no que fai un chamamento á aparticipación nos actos que van desenvolver neste día na cidade.
“Un ano máis, comprácenos partillar con vós, os actos que terán lugar na nosa cidade con motivo do día internacional da muller traballadora, como xa sabedes, é unha data de memoria e loita cuxa orixe se remonta ás mulleres que xa nos comezos do século XX, se ergueron contra a explotación laboral, a desigualdade e a falta de dereitos básicos.
Hoxe máis ca nunca compre lembrar o moito que custa acadar a igualdade, e o fácil que pode resultar a perda de ditos dereitos. por iso o lema escollido este ano é
SE ESTAMOS XUNTAS, NON PASARÁN
Os actos consistirán nunha Manifestación, que como tódolos anos partirá da explanada do Edificio Multiusos da Xunta de Galicia , na Ronda da Muralla, as 20,00 horas. .Transcorrerá no sentido do tráfico, en dirección Porta de San Fernando, continuando pola Praza do Ferrol, Rúa San Marcos, Praza Santo Domingo, Rúa Raiña, Concello, baixando por Franciscanos, onde accederemos á Praza de Santa María, onde rematará o acto, coa lectura compartida do Manifesto, que este ano correrá a cargo de tres destacadas activistas lucenses, María Barba Núñez, Presidenta de Aliad Ultreia, que como sabedes loita contra a trata e a explotación sexual, Pilar Sánchez Monje, traballadora da Rede Museística de Lugo e no Museo do Pazo de Tor, representando o mundo da cultura, e Isabel Vilalba Seivane, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, gandeira e sindicalista, en representación da loita da muller no mundo rural.
Unha vez rematada a lectura, desfrutaremos da actuación musical da artista lucense Rachel acompañada por instrumentistas da nosa cidade”.