8 de marzo, folga feminista de 24 horas

O vindeiro día 8 de marzo, xornada na que se conmemora o Día da Muller, diversos colectivos veñen de convocar oficialmente unha folga feminista laboral, estudiantil, de consumo e de coidados. O movemento feminista de Lugo convocou esta mañá, ademáis, unha Ruada Nocturna que terá lugar este venrescoa que quere repetir o éxito de asistencia vivido o pasado domingo en Lugo coa manifestación nacional do movemento feminista galego. A marcha sairá ás 20 horas da explanada fronte ao edificio Multiusos da Xunta, e rematará na Praza de Santa María, onde se dará lectura ao manifesto. Tralo manifesto, haberá unha actuación do grupo musical de mulleres A Banda da Loba.

As feministas de Lugo chaman a todas as mulleres a secundar a folga laboral, que está legalmente convocada e é de 24 horas, así como as folgas de coidados, consumo e estudantil. Conscientes de que non tódalas mulleres que o desexen poderán secundar este paro, animaron a que todas as que desexen manifestar o seu apoio ás reivindicacións feministas o fagan pendurando o seu mandil da xanela ou balcón da súa casa. 

Pola súa banda, a CIG anima a participar activamente nos actos locais previstos polo movemento feminista galego na tarde do 8 de marzo. Asemade, na cidade de Lugo, CCOO e UXT convocan unha concentración de dúas horas diante do edificio administrativo do Concello (Ronda da Muralla, 197) ás 12.00 horas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com