86-84 Dura derrota do Breogán ante o Araberri en Vitoria

O equipo celeste acusou a  irregularidade e un mal segundo cuarto ante un dinámico Araberri. O CB Breogán non atopou o ritmo adecuado nin o acerto necesario en Vitoria. Os celestes aínda así tiveron opción tras un bo inicio, un baixón no segundo cuarto (26-16) e una recuperación no tramo final, con opción para Staimbrook de levar o partido á prorroga incluído.

Dura derrota que afasta un pouco máis aos celestes do ascenso directo, pero con dúas batallas por diante en liga regular para seguir loitando por elo (Barcelona e Ourense).

Matt Stainbrook foi o home máis valorado do Breo con 21 puntos, 7 rebotes e 4 asistencias (33 val.)

O equipo estivo acompañado por uns douscentos seareiros celestes que se desprazaron a Vitoria.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com