O Breogán peleu polo soño da remontada pero o Burgos amosouse unha vez máis enteiro nos minutos decisivos.
Remata así unha tempada na que o equipo ilusionou durante a liga regular, mantendo as opcións de rematar primeiro durante grande parte do curso, pero que acusou o desgaste e factores como a baixa de Fakuade, ou a dureza da eliminatoria inicial ante Palma, para chegar sen demasiados folgos á semifinal ante un Burgos en plena forma tras eliminar a Melilla (3-0).