Os dous conxuntos buscaron sin descanso a grieta do bando rival. O Club Deportivo Lugo comezou o encontro co seu habitual prantexamento do xogo controlado dende a portería, e o Elche máis atrevido e máis perigoso en ataque.
A primeira parte concedeu opcións aos dous equipos, pero foron os de Milla, no minuto 31 os que se adiantaban no marcador cun gol de Jonathan Pereira. Os locais mantiveron o dominio do ritmo e a iniciativa do xogo, o que lles permitiu chegar ao descanso por diante no marcador.
Na segunda metade, o dominio dos de Milla era aplantante e as mellores ocasións de gol caian do seu lado e facían que o Elche CF se vira incapaz de seguir o ritmo dun partido que pertencía aos locais. Pero pese a todo, nunha das poucas ocasións craras de gol que generaron os visitantes, foi Sergio León o que igualaba o marcador.
Xa nos últimos minutos, os dous equipos realizaron un grande esforzo con xogadas perigosas en ambas áreas, pero finalmente ningún dos dous conseguiu o triunfo.