A arte dramática chega ao Cemiterio de San Froilán

A arte dramática chega ao Cemiterio Municipal de San Froilán, onde se representará a obra do dramaturgo español Jose Zorrilla, Don Juan Tenorio. A función, que estará a cargo do Taller de Arte Dramática do Campus de Lugo e do Taller de Arte Dramática do Espazo Artístico 10, terá lugar o próximo 17 de novembro ás 20:00 horas.

Esta actividade forma parte do programa de celebración do Día de Defuntos, impulsado pola Concellería de Concello e Cidadanía, que contou cunha visita nocturna, a IV edición do Concerto da Lembranza e os concursos de epitafios e fotografía. Con esta función porase fin ás celebracións con motivo do Día de Defuntos.

Para poder asisitir será necesaria unha invitación que se poderá retirar nas Oficinas do Cemiterio, sitas no Centro de Servizos Municipais, Ronda da Muralla 197, ou ben no propio cemiterio unha hora antes do inicio da actuación.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com