Mañá remata o prazo para recoller os vales canxeables por material escolar que concede o Concello

Mañá mércores remata o prazo para recoller os vales canxeables por material escolar que o Concello concede a familias con escasos recursos para a compra de libros de texto e material educativo para o segundo ciclo de infantil (3 a 5 anos) e para alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos.

Os vales poden recollerse en horario de 09:00 a 13:30 horas nas oficinas do Servizo de Educación, situadas no terceiro andar do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra. O Concello concedeu 456 vales a 415 familias da cidade. Deberán presentar o DNI orixinal do solicitante e a certificación onde conste que o alumno ou alumna está matriculado para o curso 2015-2016 e a indicación do curso e centro docente. Unha vez presentada a certificación, entregaráselle aos solicitantes un vale de 80 euros para cambiar por material educativo nas librerías, por un valor igual ao das axudas concedidas.

As listas definitivas das axudas para material escolar de educación infantil, ás que o Concello destinou 36.500 euros, poden consultarse no taboleiro de edictos do Concello, nas oficinas do Servizo de Educación no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra e no teléfono de atención cidadá 010.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com