Comeza o proceso de derribo da vivenda de Ombreiro

Esta maña produciuse na parroquia de Ombreiro un altercado entre veciños e forzas do orde público, por mor da execución de derribo nunha casa desta parroquia, ordenada pola APLU  (Axencia para a protección da legalidade urbanística) dependente da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

A primeiras horas da mañá concentrábanse diante da vivenda cerca de cen persoas para impedir o acceso á mesma. A policía autonómica tivo que intervir, para acceder á mesma, o que finalmente puido facer logo de que un cerralleiro abrise a porta e se producira un forcexo entre as persoas que se opoñían ao derribo e a policía. Este tumulto fixo que un dos representantes do BNG, Ruben Arroxo, batera coas costas no chan.

Os actuais propietarios do inmoble declararon que ninguén lles comunicou ao propietario, o seu pai falecido, o inicio do expediente de derribo. Mentres que dende o organismo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio sinalan que a comunicación fíxoselle á promotora da obra, nai dos actuais propietarios.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com