Ana Prieto participa na Asamblea anual da Rede de Cidades Intelixentes

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, participou este mércores na Asamblea anual da Rede Española de Cidades Intelixentes (RECI), que reuniu en Fira Barcelona a alcaldes, concelleiros e representantes dos 65 municipios que integran este colectivo. A Rede Española de Cidades Intelixentes (RECI) constituíuse en xuño de 2012 co obxectivo de intercambiar experiencias e traballar conxuntamente para desenvolver un modelo de xestión sostible e mellorar a calidade de vida dos cidadáns, incidindo en aspectos como o aforro enerxético, a mobilidade sostible, a Administración, a atención ás persoas ou a seguridade.

Na reunión deuse conta do evento startup4cities 2015, celebrado o martes. Trátase dun certame no que un cento de emprendedores españois e portugueses presentaron os seus proxectos para mellorar a xestión e a calidade de vida das súas cidades. Finalmente levaranse a cabo 7 destas propostas que pretenden dar resposta aos novos desafíos do desenvolvemento urbano, 6 en España e 1 en Portugal.

A Asamblea de RECI tamén deu conta de todas as actuacións levadas a cabo pola súa Oficina Técnica e os seus cinco Grupos de Traballo no último ano, así como dos convenios de colaboración asinados, os congresos e as xornadas nos que se particiou e as incorporacións de novas cidades, que pasaron das 25 existentes en 2012 a 65 na actualidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com