O BNG demanda que se leva a cabo o plan integral no barrio de Lamas de Prado

O BNG – Asambleas Abertas demandou, na comisión de Benestar, información sobre a execución do plan integral que o pleno aprobou para a zona de Lamas de Prado. Maite Ferreiro lembrou que no pleno municipal do pasado 2 de marzo de 2015 foi aprobada unha proposición do grupo municipal do BNG para desenvolver un plan integral no barrio de Lamas de Prado.

Maite Ferreiro Maite Ferreiro tildou de “lamentable” a resposta da concelleira de Servizos Sociais ás preguntas sobre a execución dun plan integral en Lamas de Prado que literalmente contestou que “agardamos que coa apertura do novo centro comercial se dinamice o barrio”. “Non nos parece serio que a mesma concelleira que, en marzo de 2015, levantou a súa man para aprobar unha moción agora nos de este tipo de respostas” e engadiu, sobre a falta de iniciativa do goberno, que “non facer nada dende os servizos sociais, incumprir un acordo plenario e agardar que un centro comercial arranxe as cousas, así actúa este goberno municipal”.

O plan integral, sobre o cal o goberno municipal non deu explicacións, contempla un estudo cuadrienal de actuación comunitaria no distrito de Lamas de Prado dirixido por profesionais do Concello en colaboración coa poboación, comunidades de veciños e asociacións  para mellorar a calidade de vida da veciñanza. Outra das necesidades salientadas é a realización dun plan de mellora viaria que inclúa a rehabilitación integral das beirarrúas, eliminación de barreiras arquitectónicas e mantemento adecuado de todo o mobiliario urbano, incluíndo a  atención das zonas verdes e areas de xogo infantil, e a aplicación de medidas fito sanitarias adecuadas que permitan o uso do mobiliario urbano e a minimización das molestias aos veciños e veciñas das vivendas máis próximas a dito arborado.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com