O grupo CantaJuegos presenta o seu espectáculo infantil Diez

O popular grupo CantaJuegos presentará mañá o seu espectáculo infantil Diez no Auditorio Municipal Gustavo Freire, que terá lugar en dúas sesións, ás 16:30 e ás 19:00 horas. Ademais, de 10:00 a 11:00 horas, o grupo visitará o HULA para animar a todos os nenos e nenas ingresados.

Durante a actuación, coa que colabora o Concello, realizarán unha viaxe a través dos dez anos de traxectoria ininterrompida dos CantaJuegos, revivindo os éxitos das súas cancións, historias e personaxes que converteron ao grupo EnCanto no favorito dos nenos e as súas familias. Os famosos Coco, Pepe, Buby e o pallaso Tallarín, así como os seus novos amigos Pato Contreras, Khon Gorila e moitas máis personaxes, representarán xunto aos CantaJuegos as súas máis coñecidas cancións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com