Nova derrota do Breogán ante o Huesca

O equipo de Lisardo Gómez comezou cunha moi mala primeira parte e que pesou demasiado para o equipo lucense. No descanso os celestes perdían por 47-35 e a falta de acerto do equipo e a inferioridade no rebote, non axudaban a ter esperanzas. Aínda así, o Breogán lograba achegarse a 4 puntos nos primeiros pases do último cuarto, grazas ao acerto do recén chegado Gerardo Suero, pero non foi suficiente e acabaron perdendo por 83-75.

Unha nova derrota, a cuarta consecutiva, para os de Lisardo. O seguinte encontro será o vindeiro sábado 28 no Pazo do Deportes contra o CB Prat Joventut.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com