O PP acusa ao Goberno Municipal de por en risco catro obras municipais

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Jaime Castiñeira, acusou esta mañá en rolda de prensa ao goberno local de “pór en risco” os investimentos destinados a catro obras municipais ao non telas executadas e certificadas antes do remate de 2015.

Segundo detallou o popular, trátase da renovación do abastecemento na Ronda das Fontiñas co cambio da rede de fibrocemento na marxe do instituto, por importe de 315.000 euros; da pavimentación da Ronda da Muralla, prevista por 285.000 euros; a do entorno do Anxo Carro, para a que se destinan 56.000 euros; e a do alumeado de Recatelo, para a que se orzamentaban 130.000 euros. “Estamos a falar de catro actuacións moi demandadas polos lugueses e que o Grupo Municipal do Partido Popular conseguiu introducir no acordo de xuño de 2014 para o Plan de Investimentos con cargo aos remanentes de anos anteriores”, explicou Castiñeira, ao tempo que incidiu en que “se trata dunha dobre neglixencia reiterada, posto que os fondos cos que se ían financiar agora estes traballos xa procedían de diñeiro que anos atrás tamén quedara sen executar”.

Por outra banda, o popular tamén criticou que o goberno municipal presuma de amortización de débeda “cando o certo é que o fai por imperativo legal dunha norma aprobada polo PP no goberno central que obriga a destinar os recursos económicos procedentes do superávit a saldar débeda cos bancos”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com