O PSOE de Lugo presenta a súa candidatura para as Xerais

O PSdeG-PSOE de Lugo presentou este luns a súa candidatura ás eleccións xerais do 20 de decembro, que combina experiencia e renovación, e na que están representadas as tres zonas da provincia norte, centro e sur.

O Presidente socialista da Deputación, Darío Campos Conde, salientou que “hoxe é un día importante nesta precampaña, pois presentamos o equipo que desde a provincia de Lugo liderará o proxecto que os socialistas temos para España. “Unha candidatura que conta coa experiencia de persoas cunha grande traxectoria no PSOE e nas institucións, como Margarita Pérez Herraiz e Ricardo Varela, número un ao Congreso e ao Senado, respectivamente. Unha candidatura renovada, pois contamos con mozos de entre 25 e 29 anos, É o caso de Iago Fernández, número 2 ao Congreso. Un mozo de 25 anos e do Valadouro; de Rodrigo Pavón, número 4 ao Congreso, un rapaz de 29 anos, de Vilalba e Secretario Xeral de Xuventudes en Vilalba; ou de Darya Fernández, número 2 ao Senado, unha moza de 25 anos que se converteu, con tan só 18 anos, na Secretaria Xeral máis nova dunha agrupación local, como é a de Becerreá, onde segue a ser a súa responsable”.

Darío Campos engadiu que “este cambio de ciclo cara o progreso só posible co apoio a Pedro Sánchez e ao PSOE, pois, a diferenza doutras formacións, contamos cun programa de goberno real, crible e que se pode levar a cabo”.

Lara Méndez salientou que “nesta cita coas urnas xogámonos que se produza o cambio de ciclo en España. E só hai dúas opcións: que continúe a dereita ou que goberne o PSOE para avanzar na sociedade. Porque a dereita, por moito que e vista de laranxa, dereita se queda”. Neste senso, a Alcaldesa socialista de Lugo, Lara Méndez, remarcou a “importancia” desta cita electoral, “pois xogámonos que se produza o cambio de ciclo en España. E só hai dúas opcións: que continúe a dereita ou que goberne o PSOE para seguir avanzando na sociedade. Porque a dereita, por moito que e vista de laranxa, dereita se queda”.

O candidato ao Senado, Ricardo Varela, destacou na súa ijntervención que “os socialistas encaramos estas eleccións xerais ilusionados, con ganas e con forza, porque nos move o sentimento de que temos unha oportunidade para cambiar o que parou durante este 4 anos a dereita”. Asemade Varela subliñou que “a única posibilidade de cambio real pasa por un goberno do PSOE.  Votar ao PP é seguir 4 anos máis cas políticas de inxustiza e desigualdade e Ciudadanos e Rivera son o cinto de seguridade de Rajoy para que non sexa expulsado o 20 de decembro”, concluíu.

Candidatos ao Congreso:

1.- Margarita Pérez Herraiz. Naceu en Lugo en 1955. Graduada social diplomada e funcionaria dos corpos xerais da Xunta. É militante do PSOE dende 1977. Tivo responsabilidades na executivas locais e nacionais. Foi membro do Comité Nacional galego entre 1992 e 2013 e do Comité Federal entre 2008 e 2012. Foi Deputada autonómica entre 2001-2005 e é Deputada nas Cortes. PSdeG PSOE na Provincia de Lugo

2.- Iago Fernández Peña: Ten 25 anos e é do Valadouro. É Técnico de Emerxencias Sanitario e traballa no servizo de transporte de urxencias 061. Con tan só 18 anos, decidiu afiliarse ao PSOE. Hoxe é o Secretario de Organización da agrupación socialista no Valadouro. É a primeira vez que concorre a unhas eleccións xerais, así como a primeira vez que o fai nos primeiros postos dunhas listas do PSOE, pois nas municipais de 2011 e 2015 fíxoo nos últimos postos ou de suplente.

3.- Marta Jato Díaz: Naceu en Lugo en 1967. Licenciouse en Medicina e Cirurxía, e é especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública, así como en vacinas. Ten Máster en Saúde Pública e en Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias. Traballa no Servizo de Medicina Preventiva do Hospital Lucus Augusti. Milita no PSOE dende hai máis dunha década. É a Secretaria de Organización da agrupación local de Lugo.

4.- Rodrigo Pavón Prieto. Ten 29 anos. É de Vilalba e avogado. No 2013, afiliouse ao PSOE e pasou a ser membro da Executiva Local de Vilalba. Ese mesmo ano, conseguiu retomar as Xuventudes Socialistas neste Concello chairego. Nos pasados comicios municipais, foi de número 4 na listaxe dos socialistas polo municipio vilalbés. Estrease como candidato ás eleccións xerais.

Os suplentes son: Julia García Prado; Jesús Vázquez Tallón; Marina Ramudo Graña; José Ángel Rico Álvarez.

Candidatos ao Senado:

1.- Ricardo Jacinto Varela Sánchez: Nace en Lugo en 1955. Foi Deputado autonómico entre 2001 e 2005, Conselleiro de Traballo de 2005 ao 2009, ademáis de membro do Consello Galego de Relación Laborais e do Consello Económico e Social de Galicia. É Senador.

2.- Darya Fernández Gómez: Ten 25 anos, é de Becerreá e estuda Medicina. Afiliouse ao partido con tan só 18 anos e foi elixida Secretaria Xeral da agrupación de Becerreá, converténdose na persoa máis nova de España en asumir esta responsabilidade, que mantén na actualidade.

3.- Manuel Dacosta Ribera: Naceu en 1959 en Barcelona, pero en 1985 trasládase a Pantón, onde naceran seus pais e onde vive dende entón. É empresario. Milita no PSOE dende 2006. É Secretario Xeral da agrupación local de Pantón. É a primeira vez que concorre nas listas das eleccións xerais.

Os suplentes son: Horacio Rouco Ferro, Isabel González Blanco, Maria José Vales Garaloces, Miguel Vilar Rivas, Pablo Núñez González e María Sol Morandeira Morandeira.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com