Lugo Monumental propón a Tinería para ubicar á policía local

Lugo Monumental xa propuxo hai máis de dous anos que a Policía Local utilizase un dos locais de propiedade pública da Tinería, o que a través dun convenio con outras administracións como a Xunta de Galicia liquidaría o tema da localización da devandita oficina. Ante a aprobación no Pleno de onte dunha iniciativa neste senso, a Asociación Lugo Monumental propón a localización para esa oficia no barrio da Tinería, “non se trataría de centralizar na Tinería a actividade da Policía Local, que seguiría situada en San Fiz, senón de ter unha oficina de atención continuada de 24 horas no centro”, declarou o portavoz da asociación.

Para Lugo Monumental esta proposta serviría como acicate para solucionar problemas de degradación e prostitución que hai no barrio da Tinería, xa que coa presencia policial disuadiríase comportamentos ilegais que se están a producir nesta zona. Asemade sería un paso máis na normalización deste barrio, dotándoo dunha instalación que lle daría vida á zona.

Outro dos problemas que para Lugo Monumental tamén se resolvería con esta proposta é o denunciado polos usuarios do Fogar do Transeúnte, xa que para obter un documento na Policía Local han de ir e a sede de San Fiz que está moi afastada do Fogar, e como a maioría dos usuarios no dispón de vehículo ou medios de transporte, xera un problemas para moitos deles.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com