Hoxe tivo lugar a inauguración da primeira Feira Violeta que organiza a Asociación Vela-luz. O acto contou coa asistencia das Deputadas, María Loureiro García, Pilar García Porto e Sonsoles López Izquierdo, así como a presidenta da asociación Gloria Vázquez.
A feira estenderase toda a fin de semana e está encamiñada a facilitar unha saída en condicións, ás vitimas da violencia de xénero, utilizando a artesanía como medio de traballo, así como unha fonte de expresión.
Durante o acto de inauguración, Maria Loureiro destacou que “apoiamos este tipo de iniciativas pois, con elas, o que se busca é devolverlle as vítimas de maltrato, as oportunidades que, de xeito cruel e indigno, lles foron arrebatadas; asi como paliar o sufrimento vencellado ao desamparo social, que sempre acompaña a todas as situacións de violencia”.