Veciños e veciñas de Lugo concentráronse este serán nas inmediacións do parque do Miño para protestar contra o dique que se está a facer no río Miño e que causou cuantiosos danos, tanto no leito, como na ribeira.
Ante tamaño despropósito, a cidadanía de Lugo, vai solicitar responsabilidades, tanto aos responsables da empresa, como a quen autorizou tamaña aberración medioambiental.