Os lucenses crean un ceo máxico na cidade

Este domingo e practicamente dende calquera punto da cidade, puideronse ver faroliños voadores, que crearon unhas 3.000 persoas, e que soltaron dende o Adarve da Muralla para conmemorar o 15º aniversario do monumento bimilenario como Patrimonio da Humanidade. O Adarve encheuse de xente, nenos, mozos e maiores, que foron soltando a partir das oito da tarde medio milleiro de faroliños nunha noite fría, pero clara e sen choiva, o que favoreceu o espectáculo de luz.

No acto participaron a Alcaldesa, Lara Méndez, e membros da Corporación municipal. Os actos de conmemoración do recoñecemento da Muralla como Ben Mundial continúan mañá luns, cando todos os lucenses e visitantes poderán degustar a partir das 18:00 horas nunha carpa instalada na praza Anxo Fernández Gómez un anaco de torta xigante e solidaria, pois a ración soamente custará 20 céntimos, que serán destinados a unha asociación sen ánimo de lucro.

E xa a fin de semana que ven, do 4 ao 8 de decembro, na carpa de Anxo Fernández Gómez haberá un concurso de fotografía sobre o monumento bimilenario. A partir de marzo do 2016, no Centro de Interpretación da Muralla estarán dispoñibles postais sobre a recuperación e posta en valor das portas da Muralla de onte e de hoxe.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com