Lugonovo denuncia que se perde o 25% da recadación municipal por mala xestión

Lugonovo ven de facer unhas declaracións por boca do seu voceiro municipal, onde describe   “unha xestión municipal caótica na recadación tributaria, o que fai que se  perda cada ano un 25% dos impostos que se deberían cobrar”. As prácticas son diversas: propietarios de vados que non os abonan aproveitandose da falta de supervisión policial; conexións ilegais a subministracións de auga alleas,  amparadas pola infradotación de persoal deste departamento e mesmo tamén residentes das zonas rurais que non pagan absolutamente nada pola recollida do lixo.

Segundo sinalou Fernández Rocha, “un descontrol, que afecta ao peto de todos os veciños porque eses cartos que deixan de ingresarse non se poden redistribuír despois en servizos moi necesarios e demandados pola cidadanía”.

Dende o Grupo Municipal Lugonovo, os seus concelleiros advírtenlle ao equipo de goberno que non se pode empezar a casa polo tellado. Estes días, nos que o debate das Ordenanzas Municipais, adquire todo o protagonismo cómpre observar e vixiar tamén a eficacia coa que se está respectando a normativa en vigor, “un aspecto, no que a administración local exerce unha deficiente inspección”, salienta Fernández Rocha

“Antes de subir os impostos o executivo ten que tomar medidas organizativas que minoren a fraude, que en Lugo alcanza o 25%, unha porcentaxe elevadísima e que, ao noso entender, evidencia a falta de determinación do goberno para atallar os malos hábitos da anterior corporación que foi excesivamente permisiva e axudou a perpetuar condutas que prexudican gravemente aos intereses xerais da cidade.  Por ahí é por onde hai que comezar na política fiscal para que sexa o máis xusta posible; que todos os lucenses podan ter os mesmos dereitos, colaborando, iso si, cos mesmos deberes, do contrario rómpese a equidade social”, concluíu.

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com