Os lucenses e visitantes puideron degustar este luns unha ración de torta xigante de nata, crema e chocolate, cunha fotocomposición da Muralla, creada con retratos de máis de 3.600 alumnos dos centros educativos da cidade, un acto organizado polo Concello en colaboración co Grupo El Progreso, con motivo do 15º aniversario da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade. Ata a carpa situada na Praza Anxo Fernández Gómez achegáronse centos de persoas dende as 18:00 horas, que por soamente 20 céntimos tiveron a oportunidade de degustar unha ración de torta solidaria, pois o recadado irá integramente destinado ao Banco de Alimentos de Lugo.
No acto participaron a Alcaldesa, Lara Méndez, o Presidente da Deputación, Darío Campos, e representantes de forzas políticas no Concello, entre outros acudiron: polo PP, Antonio Amijide, Santiago Fernández Rocha de Lugonovo, polo BNG fixóo, Maite Ferreiro e por Cidadáns, Jesús Expósito, así como a presidenta do Grupo El Progreso, Blanca Montenegro e outros membros da Corporación Municipal. Tamén había outras dúas tortas de menor tamaño dedicadas aos outros Bens Mundiais de Lugo: o Camiño Primitivo e a Catedral, así como unha tarta para celíacos.