As 18 persoas integrantes desta delegación galega mantiveron unha xuntanza coa eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, na que procederon a realizar unha primeira posta en común das problemáticas derivadas da contaminación das rías e ríos galegos, “unha cuestión de importante impacto para o noso País, tanto a nivel medioambiental como social e produtivo”, valorou a eurodeputada galega, “unha información que para AGEe é moi importante coñecer de primeira man de cara a poder levar esta problemática ao Parlamento Europeo, por exemplo a través de preguntas parlamentarias”.
Senra salientou tamén “a importancia de ter compartido esta información entre todas as organizacións e crear sinerxias de unidade”, e destacou como especialmente interesante que ao longo da primeira xuntanza “se valorara a posibilidade de realizar iniciativas conxuntas a nivel galego contra as agresións ao medioambiente”.