O CD Lugo da un paso máis na súa liña de acción social e apoio á asistencia aos partidos no Anxo Carro. Tras varias iniciativas nas que numerosos colectivos se víron beneficiados por estas actuacións, que perseguen facilitar a presenza de máis afeccionados e afeccionadas ao estadio, chegou a quenda de implicar aos activos máis significativos da entidade.
O persoal ao completo do primeiro equipo do CD Lugo, acompañados polos seus adestradores de base, membros de dirección deportiva, corpo técnico e traballadores do club, percorreron toda a cidade, chegando un por un, a todos os centros escolares de Lugo para convidar aos alumnos ao próximo partido na casa fronte á SD Ponferradina. Unha gran sorpresa, posto que os alumnos e alumnas non tiñan coñecemento algún sobre a inesperada visita que chegaba ao seu colexio, a última hora desta mesma mañá. Moita ilusión nos seus rostros, que recibían emocionados, de mans dos seus xogadores favoritos, unha invitación para apoiar ao seu equipo no próximo partido.