Maña sábado, ás 18:00 horas o CD Lugo enfrontase ao AD Alcorcón no Estadio Municipal de Santo Domingo.
O técnico do Club Deportivo Lugo, Luís Milla, deixou claro a intención de continuar na liña competitiva e de boa imaxe mostrada lonxe de casa nos últimos compromisos, e subliñou “a importancia dunha mentalidade gañadora e ambiciosa en canto á mellora como grupo, e tamén no apartado individual” . Advertiu do perigo do equipo AD Alcorcón, ao que definiu “como intenso, disciplinado, e traballador, o que lle levou nos seus últimos compromisos a conseguir bos resultados”
Para o técnico lucense a AD Alcorcón “son complicados, como todos os rivais en Segunda División, presionan moi arriba e están nun bo momento”. Segundo Milla, “esa presión que exercen arriba, tena que aproveitar o CD Lugo, xa que poden deixar espazo ás costas e aí é onde debemos usar o xogo por fóra, en poucos contactos”.
A lista de convocados, para o partido de maña fronte á AD Alcorcón, é a siguiente:
Porteiros: José Juan e Roberto
Defensas: Cendrós, I.Puerto, De Coz, Dealbert e Manu
Medios: Seoane Campillo, S.Marcos, D.López Molinero, Iriome e Lemos
Dianteiros: J.Pereira, Joselu, Ferreiro e Igor