Día Internacional do Voluntariado

Membros da Corporación Municipal asistiron este venres á lectura dun manifesto con motivo do Día Internacional do Voluntariado, que se levou a cabo diante da Casa Consistorial. Tratouse dun acto enmarcado dentro do programa de Diversiarte organizado polo Concello en colaboración con 23 asociacións da cidade.

A lectura do manifesto correu a cargo de Paloma e María, representantes dos colectivos COGAMI e Ateibo, que en nome da rede de voluntariado de Lugo destacaron o valor da solidariedade que expresan milleiros de persoas diariamente de xeito desinteresado.

No documento, os colectivos insistiron en que neste 2015 contan cunha nova lei que costou “non pouco esforzo sacar adiante” e que permitirá implantar o valor da tarefa voluntaria e solidaria. Neste senso, o manifesto facía un chamamento ás administracións e institucións públicas para promover a solidariedade como valor para as relacións interpersoais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com