O Concello anuncia que as adxudicatarias de obras municipais non pagarán taxa de ocupación pública

O Concello de Lugo informou hoxe de que as empresas adxudicatarias de obra pública impulsada e financiada con cartos municipais quedan exentas do pagamento da taxa por ocupación de vía pública. Dende o goberno local explican que se trata daquelas obras que os contratistas executan con suxeición ao proxecto e aos consecuentes pregos de condicións particulares, e as entregan ao Concello ao seu remate.

O Goberno adoptou esta medida en base a un informe emitido polos servizos técnicos municipais o que, segundo aseguran, implica certos beneficios como  “unificar criterios na entidade local, axilizar a tramitación e, polo tanto, o inicio da execución das obras, e elimina tamén os impedimentos que tales trámites e gastos supoñían para que as empresas participasen na licitación pública ou asumisen obras menores e urxentes”.

O Concello asegura que esta exención de taxas “está fundamentada na xurisprudencia, que considera que a Administración pública contratante é o suxeito pasivo ou beneficiario da utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público, polo que o contratista non está suxeito ao pago da taxa por ocupación de vía pública”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com