O Concello saca a licitación a prestación do servizo de axuda no fogar para 2016

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe os pregos que rexerán a contratación do servizo de axuda no fogar para o ano que vén ao que o Concello destinará 155.000 euros. O voceiro municipal, Miguel Hernández, fixo este anuncio ao tempo que valorou a importancia de prestar este servizo que dá cobertura “á poboación máis vulnerable e que máis o necesita, como son os nosos maiores, que representan o 20% do noso municipio”.

O anuncio de licitación publicarase no Boletín Oficial da Provincia de Lugo así como no Perfil do Contratante do Concello. O prazo de presentación de proposicións será de 15 días naturais contados dende a publicación do anuncio no BOP. En canto ao horario de prestación divídese en ordinario (de luns a sábado de 07:00 a 22:00 horas en días laboráis) e extraordinario (22:00 a 07:00 horas de luns a sábado, os domingos e os festivos as 24 horas). O edil aproveitou para facer balance da prestación neste 2015, cando se atenderon xa a máis de 350 usuarios, dos cales “o 85% son maiores de 70 anos, o 46,5% viven sós e o 50% teñen dificultades de desprazamento”, subliñou Fernández.

Axudas á cooperación social, cultura e xuventude Do mesmo xeito a Xunta de Goberno aprobou este mércores a convocatoria de tres liñas de axuda que suman 124.000 euros. Trátase das dirixidas a proxectos de cooperación ao desenvolvemento e sensibilización social, para as asociacións culturais e para as que desenvolven o seu traballo no eido da xuventude.

Cambios no goberno A Xunta de Goberno deu conta este mércores do decreto de Alcaldía a través do que se asignan áreas de goberno a Manuel Núñez e Rosana Rielo, que tomaron posesión como concelleiros no Pleno ordinario de novembro. A distribución leva consigo un cambio na estrutura do Executivo, do que deu conta o voceiro. Así, Manuel Núñez dirixirá a Concellería de Educación e Infraestruturas Urbanas, mentres Rosana Rielo ocuparase da área de  Concello e Cidadanía. Pola súa banda o voceiro suma Deportes á súa delegación de Medio Rural.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com