A Federación de Asociacións de Veciños, que está ao fronte da Plataforma en Defensa dos Servizos de Hemodinámica, Radioterapia e Medicina Nuclear para o Hula, vai iniciar unha nova campaña reivindicativa, baixo o lema “Hemodinámica 24 horas, que non che rouben o corazón”.
Para elo van distribuír carteis en comercios e empresas do casco histórico, así como por todos os barrios da cidade. Asemade enviaran a todos os concellos da provincia, por medio das 200 asociacións veciñais federadas.
Segundo explicou o voceiro da Federación, “imos continuar cos mobilizacións ata conseguir estes servizos para o Hula”, “recentemente mantivemos unha reunión co Conselleiro de Sanidade, na cal se nos informou que se ía facer un rexistro de infartados, pero a día de hoxe, e aínda que foi un mandato do Parlamento, a día de hoxe descoñecemos os datos dese rexistro”.
Para rematar o portavoz, declarou “que Lugo cumpre todos os requisitos e parametros para ter a Hemodinámica 24 horas”.