O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, visitou este venres as obras que se están a levar a cabo para mellorar un camiño da parroquia de Bazar. Tamén se realizaron obras en dous camiños de Pedreda e noutros dous de Recimil. Deste xeito, o Concello realiza unha inversión de preto de 35.000 euros na mellora destas infraestruturas, coas que se dá resposta ás peticións veciñais nos orzamentos participativos e enmárcanse na decidida aposta do Concello polo rural.
Fernández sinalou que “estas actuacións súmanse aos traballos de mantemento da rede viaria que está levar a cabo a brigada de obras municipal durante todo o ano”, e insistiu en que “o Goberno local defende uns servizos básicos de calidade para todos os lucenses, nos que non haxa cidadáns de primeira e de segunda”.