Concello de Ribadeo e Torre

O PP de Ribadeo asegura que o Alcalde rexeita o diñeiro da Xunta para a Residencia

O Partido Popular de Ribadeo asegurou onte que o anuncio efectuado en relación coa residencia de Ribadeo confirma que o alcalde non quere o diñeiro da Xunta e supón un novo “portazo” á oferta de colaboración realizada desde o Executivo autonómico para financiar estas obras.

Os populares din que “esta é a segunda ocasión na que desde o Goberno local de Ribadeo manobran para deixar fóra á Xunta tras rexeitar a oferta inicial pola que o Goberno galego se comprometía a investir cada ano entorno a 700 mil euros concertando 40 das 47 futuras prazas da residencia e, agora tamén, renuncian ao medio millón de euros que a Xunta ofrecía para axudar no financiamento da construción do futuro centro”.

Dende o Partido Popular local aseguran que se o alcalde hoxe non ten o diñeiro da Xunta “é porque non quere, e porque non traballa, pois o Goberno galego estaba disposto a poñer os 500.000 euros nun prazo de dous meses desde que o alcalde remita os informes pendentes que lle esixen a lei”.

Os populares lamentan que desde a alcaldía teñan decidido xogar á política partidista coa residencia de Ribadeo, boicoteando a unanimidade sobre a necesidade deste novo servizo que desde o PP tamén defenden e insisten en que estamos ante una nova manobra política oportunista, anunciada en plena campaña electoral, coa que unha vez máis o alcalde intenta enganar aos veciños.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com