Solidariedade en Lugo polas vítimas de Kabul

Ás 12 do mediodía tiveron lugar en Lugo tres concentracións simultáneas en tres puntos diferentes da cidade en solidariedade cos dous axentes do Corpo Nacional de Policía asasinados no atentado terrorista á Embaixada de España na cidade afgá de Kabul.

A corporación de Lugo xuntouse diante do Concello, persoal da delegación da Xunta ante os edificios administrativos e representantes da subdelegación do Goberno fronte á súa sede.

Nos tres casos as persoas asistentes gardaron un minuto de silencio co que quixeron transmitir as súas condolencias e apoio ás familias das vítimas así como amosar o seu rexeitamento ao ataque terrorista. Acudiron aos respectivos actos simbólicos a alcaldesa da cidade, Lara Méndez, a delegada da Xunta, Raquel Arias, o subdelegado Ramón Carballo, o presidente provincial do PP e senador, José Manuel Barreiro ou o deputado popular Joaquín García Díez, entre outras autoridades.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com