Tal e como acaba de informar TVE, o Partido Popular co 26.8 % dos votos sería a lista máis votada. Pero estaría moi lonxe de poder formar goberno en soitario, xa que se estes resultados se confirman ao longo da noite, acadaría entre 114 e 118 deputados.En segundo lugar o PSOE, terceira posición para Podemos e de cuartos quedarían Cidadáns.
Estes datos extráense das enquisas que se fan a pé de urna, por iso hai que tomalos con todas as reservas. Dito isto, hai que destacar que, aínda sendo especulativos, as máis das veces, eses primeiros datos, acostuman arroxar uns resultados en porcentaxes moi aproximados aos definitivos.
Malia isto haberá que agardar ata as 22 horas, máis ou menos, para ter xa unhas cifras de votos e de escanos case que definitiva.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.