Tal e como pronosticaban todas as enquisas o Partido Popular gañou as eleccións en Lugo, aínda que perdeu un deputado, que vai parar a En Marea, o que signifíca que por primeira vez a provincia de Lugo terá un deputado nacionalista no Congreso.
Os nomes dos electos por Lugo son: Joaquín García Díez e Jaime de Olano polo PP, Margarita Herraiz en representación do Psoe e Miguel Anxo Fernán Vello pola plataforma En Marea.
No Senado repiten os dous representantes lugueses: polo PP volverá José Manuel Barreiro, que desempeñou o cargo de voceiro do grupo popular nesta cámara na anterior lexislatura e Ricardo Varela que o fará como candidato do PSOE.
Cos resultados de hoxe, e a falta do reconto definitivo, todas as opcións de goberno están abertas, dende un executivo presidido por Mariano Rajoy ata un presidido por Pedro Sánchez ou mesmo que teñan que repetirse as eleccións se non se consegue formar goberno.
Así as cousas a partir de mañá comezan as negociacións para acadar acordos de cara a conformar un goberno con certa estabilidade, pois conseguir un con maioría absoluta antóxase unha quimera.
Se nos fiamos do que dixeron os distintos lideres políticos durante a campaña, as negociacións van ser arduas, pero tamén é verdade que unha cousa é o que se dí antes das eleccións e outra o que se fai o día despois.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.