Hoxe, quedou aberta na sala de exposicións da Xunta de Galicia en Lugo a exposición de obras presentadas á XXVI edición do Certame Galego de Arte “José Dominguez Guizan”, convocado polo centro do mesmo nome, impulsor do Belén Electrónico de Begonte.
A exposición estará aberta no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, ata o próximo 14 de xaneiro. O 15 do mesmo mes abrirase ao público na Casa da Cultura de Begonte.
As obras que figuran nesta mostra aspiran ao Premio José Domínguez Guizán, dotado con 1.500€ e estatuíña de Sargadelos.