Un debuxo da nena de sete anos Laura Giz Castro, felicitación do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia

Un debuxo da lucense Laura Giz Castro, de 7 años, alumna do Colexio dos PP. Franciscanos, ilustra a felicitación de Nadal do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia, como gañador no concurso de debuxo infantil convocado polo Colexio con este fin.

No debuxo  aparece un computador que  reflicte na pantalla a escea do Portal de Belén. Da arbore de Nadal penduran artiluxios tecnolóxicos, e os copos de neve, que caen así como as raiolas da estrela de Belén, están formados por uns  e ceros, elementos básicos da linguaxe utilizada en informática. O premio que recibiu a precoz artista, foi unha tablet, e a difusión do seu traballo na web do colexio e en todas  as súas felicitacións do Nadal.

O pasado ano, Laura xa obtivera o premio convocado polo Colexio Oficial de Farmacéuticos de Lugo co gallo destas mesmas festas.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com