A Deputación salda 3 millóns de euros de débeda e recrimina ao PP “facturas nos caixóns”

O Goberno Provincial informou hoxe dos asuntos abordados na Xunta de Goberno, entre os que destacan a aprobación do pagamento de facturas por importe total de 3 millóns de euros que, segundo o voceiro, Álvaro Santos, se corresponden co período no que Elena Candia, agora voceira do Grupo Popular, fora presidenta do ente provincial.

Santos asegurou que desta maneira “a Deputación volve cumprir, tal e como se facía na anterior lexislatura, nos pagos a provedores, avanzando e pondo fin á dramática situación que deixou o Partido Popular a esta institución”, destacou. O voceiro negou que se tratase dun problema de liquidez, senón máis ben da xestión económica de Candia, que “preferiu repartir 5 millóns de euros da Deputación entre os concellos do Partido Popular antes que facer fronte aos pagos de calqueira tipo de actuación, como poden ser obras en todo o territorio provincial ou mesmo os pagos a provedores da propia institución”.

O deputado socialista informou de que “isto supuxo que a Deputación pasase de ser a que máis rápido pagaba as súas facturas, pois hai que lembrar que pechamos o 2014 con 8 días de periodo medio de pago; á situarnos case das últimas, xa que o Partido Popular triplicou, cando menos, esta media, con facturas nos caixóns”. Álvaro Santos engadiu que o PP “puxo a esta institución á cola no período de pago, lastre que aínda hoxe en día soporta a entidade, e todos aqueles que non poden cobrar tan axiña como o viñan facendo”.

A Xunta de Goberno aprobou tamén un novo convenio de colaboración con Cogami, dotado cunha  achega de 50.000 euros que irán destinados ao Servizo de Intermediación Laboral. Na sesión tamén se deu conta dos beneficiarios de O teu esforzo ten premio en Lugo. Trátanse dos 17 mellores expedientes que resultaron beneficiados doutras tantas bolsas da Deputación, coas que lles custea a matrícula no Campus de Lugo. Son concretamente 12 mellores expedientes de BAC e FP que iniciaron este ano os seus estudos na USC en Lugo, e 5 mellores expedientes de Grao que están a cursar un máster tamén no Campus lucense.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com