Lugo vístese de gala para recibir ás Maxestades de Oriente

O Concello de Lugo organiza un ano máis a tradicional cabalgata de Reis, que partirá mañá martes, 5 de decembro, ás 18:00 horas do Parque da Milagrosa. As Maxestades de Oriente, subidas nun autobús urbano, debido ás inclemencias metereolóxicas previstas para mañá, percorrerán a rúa Monte Faro, a Avenida da Coruña, a Ronda da Muralla –entrada pola porta de San Fernando- e baixarán pola rúa Santiago para rematar, aproximadamente ás 19:00 horas, no Pavillón Municipal dos Deportes, onde terá lugar a recepción aos máis cativos e cativas.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada por outros membros da Corporación Municipal, dará a benvida a Melchor, Gaspar e Baltasar no Pavillón Municipal dos Deportes. Posteriormente, os Reis Magos recibirán a todos os nenos e nenas que queiran transladarlles as súas peticións.

Neste encontro repartiranse uns 1.500 quilos de caramelos, todos eles sen gluten, e participarán máis de 250 persoas, entre as que se atopan os figurantes e artistas, os membros da organización e os axentes da Policía Local e Protección Civil de Lugo, que velarán pola seguridade dos lucenses e visitantes.

Os Reis Magos agasallarán aos máis cativos con 3.000 paquetes de lambetadas, dos que 200 serán especiais para diabéticos. A xornada estará amenizada por grupos teatrais de Lugo como Achádego, Hipócrita e Nova Escena, a Banda Municipal de Lugo, e grupos de música e animación.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com