Mañá pecharanse ao público os parques de Rosalía de Castro e a Milagrosa por mor do temporal

O Concello de Lugo informa de que dende primeira hora de mañá venres quedarán pechados ao público os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro, como medida de prevención para garantir a seguridade cidadá ante a alerta amarela por vento con rachas de 80 quilómetros por hora que decretou a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.

O peche dos parques manterase durante todo o día, aínda que poderá levantarse en función da evolución do fenómeno metereolóxico adverso que afecta a toda a comunidade autónoma.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com