Máis dun cento de incidencias por mor do temporal de choiva

A Deputación atendeu durante esta xornada máis dun cento de incidencias relacionadas co temporal de choiva que está a atravesar a provincia de Lugo. Concretamente, o operativo despregado nos Concellos afectados atendeu alertas por inundacións, balsas de auga, barroncas, fochas ou árbores caídas entre outros.

As estradas nas que se traballa, son:

Vilalba: LU-P-6505, de Martiñan á igrexa de Corvelle, LU-P-6516 da estrada de Vilalba a Betanzos á de Vilalba a Ferrol, e a  LU-P-6508 de Vilate a Ribado.

Xermade: LU-P-2207, de Raiola por Ponte Corbal a Buriz e a LU-P-2202 ao seu paso por Roupar, en Xermade.

Samos: LU-P-5601, de Samos ao Courel e Rampa á Santa Mariña.

Muras: LU-P-6502, de Vilalba, por A Balsa, a Chavin

Castro De Rei: LU-P-1112, de Muimenta a Pacios, LU-P-1106, de Castro de Rei, por Reigosa, á estrada de Bretoña a Lindin, e LU-P-1105 de Ponte Outeiro a Quintela.

Barreiros: LU-P-0602, da N-634 á praia de Barreiros.

A Pastoriza: LU-P-4401, da estrada de Paraxes á Lourenza, pola Pastoriza e Reigosa, a Muimenta.

Begonte: LU-P-0802, de Begonte a Santalla.

Ribadeo: LU-P-5205, da N-634 á de Portovega.

Cospeito: LU-P-1701, de Feira do Monte a Muimenta, LU-P-1702 de Feira do Monte, por Pino, a Fontefria e LU-P-1703 de Xustas, por Bexan, a Oroxe e Rampa á Igrexa de Bexan.

Viveiro: LU-P-6606, de Augadoce, por Faro, a Fontao.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com