O Goberno Municipal agarda poder levar os orzamentos ao vindeiro Pleno

Logo de que algún grupo da oposición manifestara que se enteraron polos medios de comunicación da proposta do goberno en canto ao tema dos orzamentos,  a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, declarou que “a oposición vai ter toda a información en tempo e forma, e o tempo e forma non os estipula o equipo de goberno, senón as regras que están xa na lexislación vixente. Hai unha comisión de contas e alí está toda a primeira información que podan ter,  e que nós, evidentemente,  con aqueles grupos cos que temos máis proximidade, máis afinidade, grupos de esquerdas, e porque ademais nos deron o apoio para a investidura, estamos intentando posicionar posturas”.

Para Lara Méndez “iso non significa que esteamos facendo nada que non poidamos facer, nin que a oposición non vaia ter información en tempo e forma como lle corresponde. Pero que en moitos casos se visualice xa, o por qué temos máis acercamentos con uns que con outros, porque outros si coñecen xa os orzamentos e din que van a votar que non, polo que é moi difícil que o equipo de goberno consiga o apoio desas forzas políticas, o cal pon de manifesto que independentemente do contido e da importancia que teñen os orzamentos o no por resposta xa a temos riba da mesa”

Méndez declarou que como xa ten manifestado anteriormente o obxectivo do goberno é levar os presupostos ao vindeiro pleno “pero non nos vamos apurar máis, se queda algo por pechar ou temos opcións en poder cerralo en positivo, evidentemente non vai ser un inconveniente, porque senón pode ir neste pleno faremos un pleno extraordinario, xa que os orzamentos é un tema fundamental, como para requirir o seu tempo e o seu espazo”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com