Aberto o prazo de presentación de proxectos para a 38 Edición da Semana de Cine de Lugo

A Semana de Cine de Lugo abre a partir de hoxe e ata o 2 de maio a convocatoria de presentación de longametraxes, documentais e curtametraxes para a 38 edición do seu concurso, que se celebrará entre 19 e o 21 de setembro e pola que outorgará 2.200 euros en premios.

Os interesados poderán consultar as bases na páxina web do Festival (www.fonmiña.es) e poderán presentar películas, documentais e curtametraxes dirixidas en 2015 e 2016 a través da plataforma dixital www.clickforfestivals.com, tamén se ofrece a posibilidade facelo de forma tradicional, previa solicitude.

Os participantes optarán a gañar 2.200 euros en premios, dos que 1.000 euros corresponden á Mellor Película, sendo a repartición restante para películas documentais, curtametraxes e películas galegas.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com