Segue o cruce de acusacións entre Basadre e Cidadáns pola pista de xeo

A Concelleira de Cultura, Carmen Basadre, pediulle este luns a Cidadáns que non desprece as iniciativas que dinamizan a actividade económica de Lugo, ante a postura adoptada pola formación sobre a instalación da pista de xeo na Praza Horta do Seminario.

“É hora de poñerse a traballar en proxectos produtivos e de futuro e non de desviar a atención e empañar outras iniciativas coas que se pretende contribuír ao desenvolvemento económico de Lugo”, declarou a edil, quen ademais acusou a Cidadáns de que ““lle custe distinguir entre o que é positivo e negativo para a cidade, cando mantén que o AVE non é prioritario para Galicia”.

Pola súa banda Cidadáns emitiu outro comunicado, logo da réplica da concelleira, onde  di que “Cidadáns non quere presupoñer que houbese mala vontade, ánimo de lucrarse ou lucrar a outros neste asunto e menos aínda coartar este tipo de iniciativas culturais e de entretemento que poidan ser de interese para todos os lucenses. E continúa “non é o noso lugar xulgar se aquí hai responsabilidade penal ou non, non queremos xudicializar a vida política aínda que o ministerio fiscal pode moi ben manifestar interese de oficio sobre calquera irregularidade. Pero definitivamente é a nosa obrigación sinalar calquera tipo de irregularidade que conleve unha responsabilidade política que asumir”.

Malia todo Cidadáns asegura no comunicado perante a actuación de Basadre que “non sabemos se foi así por ignorancia, deixamento ou arrogancia, pero en calquera caso é un síntoma máis da forma de xestionar e gobernar”. E segue “parece ser que para Carmen Basadre, dezaseis anos no Concello de Lugo non foron suficientes para aprender que a xustificación das irregularidades na instalación da pista de xeo non ten nada que ver con que o AVE chegue a Galicia. AVE que, por certo, nin os gobernos do PP nin os do PSOE trouxeron aínda a Galicia e, menos, a Lugo. se despois de dezaseis anos alguén cre que está por encima das normas e os procedementos, seguindo as liñas da política desenvolvida en épocas anteriores, é que leva demasiado tempo no seu cargo e perdeu o sentido da realidade.

O comunicado remata“Se en dezaseis anos Carmen Basadre non aprendeu nada disto, dubidamos que aprendese que un mínimo sentido da responsabilidade e a decencia esixen a súa dimisión. O que aínda non temos moi claro é se a Alcaldesa, que non gozou aínda deses dezaseis anos de aprendizaxe, saberá que o seu propio sentido da responsabilidade e a decencia esixen que ela tome cartas no asunto e o cesamento de inmediato”.

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com