O BNG pídelle ao goberno rapidez para resolver a adxudicación do ascensor do Sagrado Corazón

A edil do BNG  no concello de Lugo, Maite Ferreiro, dirixiuse ao goberno municipal para reclamar “a máxima dilixencia para resolver a adxudicación da obra do ascensor do Sagrado Corazón”. Ferreiro sinalou que “unha vez que a empresa adxudicataria renuncia a executar a obra, o goberno ten que priorizar a resolución deste asunto” e engadiu que “a pesares de que non xa era coñecida a renuncia da empresa goberno municipal non dixo nada ata que o BNG preguntou o que pasaba coas obras do ascensor”.

Maite Ferreiro lembrou as numerosas veces que se prometeu e anunciou esta obra por parte dos gobernos socialistas no concello de Lugo e sinalou que “veciños e veciñas seguen subindo polas escaleiras por que unha cousa son so anuncios virtuais e outra facer as obras”. Para o grupo do BNG non é comprensible que “sigamos xogando á política de prometer e non cumprir cunha obra que é necesaria e conta co partida orzamentaria”.

Ferreiro lembrou que para a execución desta obra había un orzamento inicial de 222.000 euros e fora adxudicada en 189.769.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com