Comezan os talleres de Aspnais nos que van participar máis de 200 lucenses

Dentro dos actos previstos para celebrar o cincuentenario de Aspnais, máis de douscentos destacados lucenses van participar nestas actividades, dando a súa visión da traxectoria e realidade desta institución.

Neste proxecto, aberto ás incorporacións que poidan producirse, van participar poetas, narradores, comunicadores, fotógrafos, activistas sociais (mesmo diversas autoridades lucenses) e artistas, que visitarán os dous  obradoiros desta entidade, situados nas Arieiras e na Rampla de Claudio López. As visitas teñen como fin que os participantes no proxecto coñezan de primeira man como traballan os usuarios desta asociación; persoas que superan a súa discapacidade intelectual, con coñecementos, ilusión, traballo e constancia, facendo que o seu labor estea incorporado á sociedade, grazas aos diferentes traballos que desenvolven en ditos obradoiros.

As dúas primeiras visitas en grupo vanse efectuar mañá, xoves, a partir das 10:15 e pola tarde a partir das 15:45, ás que seguirán os próximos días 3, 18, e 24 de febreiro, co mesmo horario. Os visitantes cun percorrido de arredor de dúas horas e media de duración, acompañados por usuarios e responsables de Aspnais, reflectirán, a posteriori as súas opinións, e farán un balanzo da visita, cadaquén no seu eido de expresión, trasladándoa a artigos, poemas, fotografías, obras de arte etc, para que todos os/as lucenses coñezan a realidade de Aspnais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com