A compañía Lucecús Teatro estréase en Lugo esta fin de semana

A compañía Lucecús Teatro estrea o seu primeiro espectáculo profesional este venres e sábado no Auditorio Gustavo Freire.  A compañía, de recente creación, representará na súa casa o espectáculo fundacional A órbita do lucecú, dirixido por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso,

O espectáculo explora as relacións humanas, a soidade, a falta de comunicación en plena efervescencia tecnolóxica, ao redor de tres compañeiros de piso que ao mesmo tempo orbitan sobre Marte, os lucecús e o inventor serbio Nikola Tesla, nunha atmósfera cómica e cunha proposta artística diferente onde o elenco leva a iluminación e o son dende o propio escenario.

As funcións para o público en xeral terán lugar tanto o venres como o sábado ás 21:00 horas, as entradas teñen un custo de 5 € e xa se poden mercar a través da páxina web www.entradaslugo.es Ademais poderán mercarse dende unha hora antes na billeteira do Auditorio.

O venres ás 12:00 horas haberá un pase matinal para os centros de ensino da cidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com