Lugonovo propón a creación dunha “Casa de Lugo” na cidade chinesa de Quinhuangdao

O portavoz do grupo municipal de Lugonovo, Santiago Fernández Rocha, aproveitando a visita dos representantes da cidade china de Quinhuangdao, cunha poboación de máis de 3 millóns de habitantes e irmandada coa nosa cidade dende o ano 2008, propúxolle á alcaldesa a posibilidade de “estudar a creación dunha Casa de Lugo na devandita cidade, co fin de servir de escenario para a difusión da nosa cultura, da nosa gastronomía, da nosa economía e do noso turismo; en definitiva, das nosas potencialidades. Ademais podería ser un lugar de exposición permanente para que sirva de plataforma para dar a coñecer o noso patrimonio e os nosos valores”.

Rocha tamén subliñou que unha das potencialidades de Lugo como é a cría de porcos e todo o que ten que ver co seu aproveitamento podería ser un grande nicho de negocio pois, “non hai que esquecer que o porco é unha icona en China, e nós temos unha cultura riquísima en torno a este animal”. Ademais “podería funcionar tamén coma unha oficina de turismo onde se ofrecera información e orientación de viaxes e estancias na nosa cidade, colaborando en actos de promoción turística.

“Cremos que Lugo ten que aproveitar todas as oportunidades para pór en valor a cidade e proxectar as súas potencialidades económicas, culturais, turísticas, e esta situación de irmandade de Lugo coa cidade china de Quinhuangdao entendemos que non pode quedar nun mero contacto protocolario”.

“Xa que logo instamos, non só ao equipo de Goberno senón a outras institucións públicas e privadas, a que se sumen ao estudo dun proxecto encamiñado a facer moito máis profundas as relacións entre as dúas cidades, mediante a creación en Quinhuangdao desta Casa de Lugo”, rematou.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com